1 feb 2014

[Barcelona] A xuíza decreta prisión para un dos detidos polo ataque a un grupo 'ultra' en 12-O.

Informabamos estes días en Abordaxe sobre a detención e posterior rexistro no CSO Can Vies de Sants, agora soubemos polo diario dixital en catalán "Ara" do resultado do seu xulgamento, que colamos unha vez traducido:

A maxistrada argumenta que este detido xa estaba pendente de xuízo por unha outra agresón e que podería reincidir. Os outros cinco arrestados ficaron en liberdade provisional pero con a prohibición de participar en manifestacións.

Un dos seis detidos o martes polo ataque a un grupo de “ultras” que se producira en 12 de outubro ven de ser encirrado provisionalmente no cárcere “Modelo”este venres por orden da xuíza que leva o caso, Pilar Rovira del Canto.

Segundo a resolución xudicial, F. P. V. ten pendente un xuízo por unha outra agresión polo que a fiscalia demanda que se lle condene a seis anos por este caso anterior. Alén, das escoitas telefónicas autoritzadas para investigar o ataque do 12-O desprendese que F.P.V. "planexa [planexaba] accións concretas de venganza por agresións contra integrantes de su grupo "e" recluta [reclutaba] terceiras persoas para conseguir que houbera más agresores e asegurar o éxito da “acción". Por estas razóns, a maxistrada considera que o mozo podería reincidir. "O risco de reiteración delictiva deste imputado é muito más intenso que no resto", concreta.

Os outros cinco xovens arrestados polo caso –vinculados á casa 'okupa' Can Vies, de Sants, o que supuso unha espectacular operación policial para rexistrar o edificio na madrugada do mércores– quedan en liberdade con cargos mentres continua a instrucción xudicial da causa. Notanto, haberán de presentarse nos xulgados unha vez ao mes. O fiscal demandaba que se lles obrigara a comparecer cada semana pero a xuíza considera inecesario que fose tan a míudo. Tampouco poderán achegarse aos 'ultras' atacados –membros de “España en Marcha” que participaran nunha mobilización españolista– nen participar en manifestacións mentras estexan en liberdade provisional.

Prohibido asistir a manifestacións

A maxistrada admite que esta prohibición –tambén demandada polo fiscal– afecta ao direito fundamental de manifestación, pero considera que "cumprenxe os requisitos de proporcionalidade e necesidade pola finalidade que se persegue, que é evitar o risco de reiteración delictiva". "Se ben os feitos non se produziran estrictamente durante unha manifestación, sí que ten o seu orixen e causa nunha manifestación", alega Pilar Rovira. "E o sentimento de hostilidade e odio contra ideoloxías contrarias que s advirte nos detidos aconsella limitar tanto com sexa posible a reiteración de feitos similares, que comportan unha gran alteración da convivencia democrática, dos que un dos seus principios é o respeito da pluralidade", concluiu.

O auto responde ás protestas do advogado da defensa, decindo que a prohibición de manifestarse é "menos pesada que a privación de liberdade" e advirte "expresamente" aos cinco imputados afectados pola medida que se incumpren esta prohibición podería enviarlles a prisión.

Contraste con a sentencia de 2009

Dase a circunstancia que a maxistrada Pilar Rovira fora a ponente da sentencia do TSJC que en setembro de 2009 revocou a decisión do departamento de Interior –na altura dirixido por Joan Saura– de prohibir que a Falange se manifestara en Arenys de Munt pola Diada, coincidindo con a consulta popular sobre a independencia que se organizara nesa vila.

Interior demandara a Falange que adiara unha semana a mobilización, pero o tribunal decidiu autorizala porqué o partido 'ultra' o que quería, xustamente, era protestar contra a consulta. "A modificación da data para unha semana despois supón unha alteración tan grande que equivale na práctica a unha prohibición", argumentaba o texto redactado por Pilar Rovira, que lembraba que había en xogo un direto fundamental.

No hay comentarios:

Publicar un comentario